Bases Legais Sorteo Xente Nova 2021

BASES LEGAIS
Sorteo Xente Nova 2021

1.- Compañía organizadora.
Monfobus, S.L. con CIF nº B-27.103.969, domicilio social en Rúa Cotón de Arriba nº 2, Polígono de A Louzaneta, 27.297 – Lugo, inscrita no Rexistro Mercantil de Lugo, tomo 122, folio 166, folla 2123, é a entidade responsable da organización do sorteo denominado Sorteo Xente Nova 2021 (en diante “o sorteo”).
2.- Obxecto e mecánica do sorteo.
As persoas usuarias que desexen participar no sorteo deben encher un formulario situado na páxina web www.xentenova.monbus.es, cumprimentando os seus datos (nome, enderezo electrónico, localidade e data de nacemento) e respondendo a unha breve pregunta sobre os seus hábitos de viaxe.
3.- Duración e modificacións.
O período de participación no sorteo comprende desde as 00:00 horas do día 6 de setembro de 2021, ata as 23:59 horas do día 6 de outubro de 2021.
Este poderá ser modificado (ampliado ou reducido) por Monfobus, S.L., notificándoo de forma unilateral e cunha antelación de, polo menos, 1 día antes da data fin do sorteo, a través de Facebook (@monbusviajeros), Twitter (@monbusinfo) e Instagram (@monbusinfo).
4.- Requisitos para participar.
A participación no sorteo é totalmente gratuíta. Poden participar todas as persoas físicas maiores de 14 anos que residan en España. Os participantes deberán cumprir a mecánica establecida no punto 2 das presentes bases legais.
É ilícita a participación no presente sorteo por parte de:
Os empregados da entidade Monfobus, S.L. ou de calquera das entidades vinculadas á mesma.
Os empregados das empresas, axencias de márketing ou similares, que estean involucradas na xestión da presente promoción.
Os familiares directos (ata o primeiro grado de consanguinidade) das persoas incluídas nos puntos inmediatamente anteriores.
Aqueles que acceden ao sorteo mediante o uso de contas ilexítimas creadas co único obxecto de participar no presente sorteo. Para iso terase en conta, entre outros, que fose creada durante o período de duración do sorteo; que conte cun número de contactos anormalmente reducido ou que realice movementos sospeitosos, inadecuados ou inhabituais na rede social.
Aqueles perfís de Instagram que Monfobus, S.L. considere que poidan ser fraudulentos, falsos, que correspondan a usuarios ficticios, ou que poidan pertencer, entre outros, a sistemas automatizados.
5.- Selección do gañador/gañadores, suplentes, formas de comunicación.
O período de participación no sorteo finalizará o día 6 de outubro ás 23:59. O sorteo realizarase o día 7 de outubro, mediante a extracción aleatoria de 2 gañadores ou gañadoras e de 3 suplentes entre todas aquelas persoas usuarias que participasen.
Comunicarase o nome dos gañadores ou gañadoras a través da páxina de Facebook (@monbusviajeros), a conta de Twitter (@monbusinfo) e a conta de Instagram (@monbusinfo).
As persoas que participen no sorteo autorizan á entidade Monfobus, S.L. para que, no caso de resultar gañadores do mesmo, publique na páxina de Facebook (@monbusviajeros) e na conta de Twitter (@monbusinfo) e Instagram (@monbusinfo) os seus datos (nome, apelidos e nome de usuario).
Se non se logra contactar co gañador ou gañadora nun prazo máximo de 3 días desde o momento da súa elección, ou este renunciase ao premio, procederase a seleccionar de forma aleatoria un novo gañador (suplente), perdendo o anterior gañador o seu dereito a reclamar o premio. No caso de que o premio fose rexeitado polos gañadores ou gañadoras e por todos os suplentes, o sorteo será declarado como deserto.
6.- Premio.
Cada un dos gañadores ou gañadoras do sorteo (2) terá como premio unha consola Nintendo Switch.
Unha vez que Monfobus, S.L. comunique o gañador ou gañadora o premio que lle corresponde, este deberá seguir as instrucións indicadas por Monfobus, S.L. para obter o premio, as cales serán remitidas a través do enderezo electrónico facilitado por este ou a través de calquera outro medio de comunicación que permita deixar constancia da súa recepción e coñecemento.
En ningún caso poderase substituír o premio por diñeiro en metálico. O premio é persoal e intransferible, quedando prohibida a súa venta ou comercialización. Ao premio seranlle aplicables as disposicións de carácter fiscal pertinentes.
O prazo para trocar o premio por parte do gañador será de 7 días desde o momento en que este teña coñecemento da súa condición de gañador. A renuncia ao premio non dará ningún dereito de indemnización ou compensación.
7.- Reservas e limitacións.
Enténdese, a título enunciativo, mais non limitativo, que prodúcese fraude, o uso de aplicacións independentes ao website para participar no sorteo; o abuso de consultas ao servidor e todos aqueles comportamentos que poidan resultar aparentemente abusivos e/ou malintencionados, do mesmo xeito que aqueles comportamentos que pertenzan ou aparentemente pertenzan a sistemas de automatización.
A constatación de calquera destas circunstancias durante o sorteo supoñerá a descualificación automática do sorteo.
A empresa Monfobus, S.L. queda eximida de calquera responsabilidade no suposto de existir algún error/falsidade nos datos facilitados polos propios agraciados que impedise a súa identificación.
A empresa Monfobus, S.L. resérvase o dereito de emprender accións xudiciais contra aquelas persoas que realicen calquera tipo de acto susceptible de ser considerado manipulación ou falsificación do sorteo.
Monfobus, S.L. exclúe calquera responsabilidade por danos e prexuízos de toda natureza que poidan deberse á falta temporal de dispoñibilidade ou de continuidade do funcionamento dos servizos mediante os que se participa na promoción, á defraudación da utilidade que os usuarios houberan podido atribuír aos mesmos, e en particular, aínda que non de modo exclusivo, aos fallos no acceso ás distintas páxinas e envíos de respostas de participación a través de Internet.
Monfobus, S.L. non será responsable das posibles circunstancias (demoras, atrasos, etc.) que poidan alterar a entrega do premio e que non lles sexan directamente imputables.
Monfobus, S.L. resérvase o dereito a efectuar cambios que redunden no bo fin do sorteo cando concorra causa xustificada ou motivos de forza maior que impidan levala a bo termo na forma en que recollen as presentes bases.
Monfobus, S.L. resérvase o dereito a aprazar ou ampliar o período do sorteo, así como a facultade de modificar as presentes bases legais. Monfobus, S.L. resérvase o dereito a modificar en calquera momento as condicións do presente sorteo, incluso a modificación do premio e/ou a súa posible anulación con anterioridade ás datas fixadas para a súa entrega, sempre que houbese causa xustificada, comprometéndose a publicar tal modificación na páxina de Facebook (@monbusviajeros) e Instagram (@monbusinfo) coa antelación suficiente para que os participantes poidan exercitar o seu dereito de renuncia a continuar participando no sorteo, en caso de desconformidade.
Así mesmo, Monfobus, S.L. quedará exenta de toda responsabilidade se concorrese algún dos casos sinalados, así como de calquera responsabilidade polos danos e prexuízos que puidesen ocasionarse durante o desfrute do premio.
No caso de que calquera das anteriores irregularidades, ou calquera outras, detéctense con posterioridade á entrega efectiva dalgúns dos premios, a empresa resérvase o dereito de exercitar as accións legais pertinentes contra o seu autor ou responsable, entre outras, as tendentes á devolución dos premios.
8.- Propiedade intelectual
A participación no sorteo supón a aceptación por parte do usuario de que a súa imaxe e nome de usuario de Instagram, sexan publicados na páxina web e redes sociais de Monfobus, S.L., así como en calquera das canles oficiais de comunicación da entidade, sen que iso xere dereito ao seu favor a recibir contraprestación algunha, por requisitos de transparencia.
Faise mención expresa a que Facebook, Twitter ou Instagram non patrocinan, nin avalan, nin administran en modo algún este sorteo, nin están asociados a el.
9.- Protección de datos.
Queda informado da incorporación dos seus datos aos sistemas de información do Responsable de Tratamento: Monfobus, S.L. Finalidades: Para a xestión da súa participación no sorteo referenciado, incluíndo o contacto e comunicacións derivadas do mesmo se resulta agraciado co premio e atención ás súas consultas e solicitudes en relación ao sorteo. Lexitimidade: Cumprimento normativo e da súa solicitude; interese lexítimo. Comunicacións lexítimas a entidades relacionadas co responsable de tratamento para as finalidades obxecto de tratamento, así como a entidades públicas no ámbito das súas competencias, por obrigación legal ou dispoñamos do seu consentimento inequívoco. Dereitos: O interesado poderá acceder, rectificar e suprimir os datos, así como limitar, retirar ou opoñerse ao tratamento conforme aos procedementos establecidos na nosa política de privacidade. Pode consultar a información adicional e detallada sobre a nosa Política de Privacidade na web corporativa http://www.monbus.es/gl/privacidade.
10.- Aceptación das bases.
A simple participación no sorteo implica a aceptación das presentes Bases Legais, polo que a manifestación no sentido de non aceptación da totalidade ou parte das mesmas implicará a exclusión do participante e, como consecuencia diso, Monfobus, S.L. quedará liberada do cumprimento da obrigación contraída con dito participante.
O recoñecemento como participante queda suxeito ao cumprimento das condicións establecidas nas presentes bases na súa totalidade.
11.- Lexislación e xurisdición.
As presentes Bases réxense pola Lei Española e os participantes sométense de forma expresa aos Xulgados e Tribunais da cidade de Lugo para calquera controversia que puidese xurdir, renunciando a calquera outro foro.